28/11/08

O REGO CONTAMINADO

Alejandro Iglesias

Cerca da miña casa hay un rego que está contaminado, chámase o rego sagrado. Hai dous anos montaron unha depuradora, que me parece que non é depuradora senón unha limpadora de auga para a agricultura, e descarga a suciedade polo rego abaixo.

Dende que montaron a depuradora notouse a falta de animais. Atopei rás e paxaros mortos cerca do rego; antes víanse moitos cagados de rás no rego e medraban moitas herbas que agora non medran. Eu creo que é porque verten na auga substancias tóxicas que matan os animais.

Esta foi obra do concello eu creo que habería que protestar.


26/11/08

BUSCAR AS COUSAS QUE NON COÑECES






por Sheila García Becerra

Nunha rama había un cartel

E tamén eucaliptos grandes

E moitas xestas

Bolsas no millo

E tamén corvos.

Había plantacións de repolo

Os animais ladraban

Eu vin piñeiros altos

E unha muller traballando.

Os plásticos no millo

E os salgueiros grandes

E pequenos cultivos do nabal.

Unha fonte grande

Había un pozo cheo de herbas e de silvas

Vacas nun prado

Un carballo de landras.

Hai buxos.

E cuchos nos cortellos

E tuxas e tamén cortes das vacas

E hai hedras

E hai fabas plantadas na terra

E hai galiñas

Mazanceiras

Castiñeiros non silvestres

Ríos con malas herbas e pedras.

A auga estaba do río estaba sucia.

Hai tabaos dos que pican a xente

Hai labazas nos prados,

Os loureiros

Hai paus no río

Purín no río

Sabes ti por que hai purín no río?

11/11/08

O CICLO DA AUGA



Póster sobre o ciclo da auga

Día 24 de Outubro

Temos que elaborar un póster sobre o ciclo da auga. A primeira fase consiste en elaborar un boceto no que quede representado o ciclo. Temos que decidir que material imos utilizar e colaborar nos nosos grupos para realizar o póster.


O CICLO INFINITO

Día 16 de Outubro

Hoxe vimos un documental moi interesante sobre "O Ciclo da Auga". A nosa tarefa consiste en tomar notas sobre feitos e datos importantes que despois utilizaremos na clase.

A IMPORTANCIA DOS RÍOS




9 de outubro

O tema sobre o que imos traballar non está aínda moi claro, pero a observación do outro día serviunos para falar hoxe na clase das cousas que nos interesan. Fixemos un gráfico coas aportacións de toda a clase e ao final parece que poderíamos traballar sobre os nosos ríos porque teñen relación coas cousas que nos interesan á maioría. Ao final, falamos da importancia dos ríos e sobre o que xa sabemso e o que nos gustaría aprender sobre eles. Estas son as nosas conclusións:

OS RÍOS SON:
fogar de moitos animais...
e son divertidos...
e bebemos deles...
proporcionannos comida...
producen enerxía...
moitas plantas viven neles...
tamén son lugares fermosos fonte de inspiración...
e son relaxantes...
e podense facer moitos deportes neles...

OS RÍOS SON VIDA




OBSERVAMOS COMO DETECTIVES

2 de Outubro

Observación do contorno

O xoves, día 2 de Outubro saímos aos arredores do colexio para facer unha observación científica. Non era un día moi bo, estaba nubrado pero non choveu. O primeiro que vin foi gran cantidade de árbores e plantas: toxos, salgueiros, eucaliptos, fieitos, pinos, castiñeiros e algún que outro carballo. Nun dos pinos había un cartel que poñía “Se vende” e tras del vin unha bolsa de plástico. ¿Cómo pode haber xente que trate tan mal a natureza? Eu non o entendo.

Pouco despois observei a ambos lados do camiño leiras de millo, pero curiosamente nun lado crecía alto e verde, mentres que no outro era pequeno e seco. A miña teoría é que a calidade do terreo inflúe no crecemento da colleita.

A continuación escoitei que baixo unha densa matogueira discorría un regato, cunha fonte natural. O ruído da auga era moi relaxante. Logo pasamos por diante dunha leira de castiñeiros que tiñan uns ourizos enormes. ¡Quen me dera que fose miña!

Por último, achegámonos a un regato cerca do campo de fútbol. Para chegar, baixamos por un camiño case pechado por toxos e silvas. O río era pouco profundo e a auga estaba tépeda. Na orilla, entre as follas había dúas bolsas de plástico, unha vermella e outra branca. Sentíase cantar aos paxaros e vimos como nadaban os zapateiros. Tamén vin un sapo pequeno que saltaba para escapar de min. Nas paredes de terra vimos moitos buratos; algúns dicían que pola erosión da auga, outros que eran niños de serpes. A auga parecía limpa, había plantas dentro, pero tamén puidemos ver certa acumulación de purín. Alguén comentou que como a xente lava as cisternas do zudre nos ríos, pois contaminan a auga.

Xa de regreso,aceleramos o paso para chegar a seguinte clase, pero aínda así collimos amoras polo camiño.


¿O PRI? ¿QUÉ É O PRI?

25 de setembro

Primeiro día de clase desta nova materia de primeiro de ESO.

Entre tod@s descubrimos o significado das palabras “Proxecto Interdisciplinar”, o cal nos axuda un pouquiño a entender de qué trata esta materia. Trátase de facer unha investigación en equipo arredor dun tema, achegándonos a el dende diferentes materias. De feito, parece que imos traballar nesta materia en sociais, naturais, galego e castelán, matemáticas, educación física e incluso en inglés e francés.

Pero... para a nosa sorpresa, os mestres non nos din cal vai ser o tema que imos investigar ao longo do curso. Eles queren que nós lles digamos en qué estamos interesad@s e, tendo en conta iso, buscar xunt@s o tema.