27/6/09

COMPROMISOS E :)



“Dicirlle o meu pai que non vote o purín cerca da auga”.
“Non tirar lixo a auga”.
“Intentar concienciar aos demáis da importancia da auga”.
“Utilizala de modo responsable”.
“Non malgastala e intentar que tampoco se malgaste na miña casa”.
“Non desperdiciala mentras lavo os dentes e en máis acccións”.
“Os fins de semana que podo vou limpar o tramo de río que teño cerca de casa”.
“Ir polos veráns a limpar os paos que quedan durante o inverno, atascando alí na ponte”.
“Vou deixar de coller animais na beira do río”.

GRAZAS A TOD@S POR COLABORAR NESTE BLOGUE

22/6/09

PONENTES NAS XORNADAS DO PROXECTO RÍOS

O pasado 20 de Xuño fomos invitados a participar nunhas xornadas de voluntarios de Proxecto Ríos organizadas por Adega en Santiago. Celebráronse no museo do Pobo Galego e alí estiveron Alberto e Javier para representarnos. Falaron do noso proxecto interdisciplinar e do noso patrimonio, concretamente dos batáns de Oa. Logo fixeron un routeiro e xantaron na Alameda. As xornadas gustáronlles moito, tanto que falan de repetir o ano que ven.

EN CHAIÁN

“Agora sei que una gota de auga ten toda una vida dentro dela”.
“Antes non pensaba no valiosa que é”.
“Antes non sabía o moito que se contamina so una pequena bolsa e o daño que fai”.
Aprendín que se a auga se contamina tamén morren moitos organismos moi importantes para a vida”.
“Agora son consciente de que a auga non se pode desperdiciar porque é esencial para a vida”.
“Antes pensaba que xa estaban as depuradoras para limpar a auga, pero agora deime conta de que hai máis cousas”.
“Agora sei que a auga doce é un ben escaso e que hai que coidala”.
“Antes non sabía que en Galiza derrochamos moita auga”.
“Sen auga non hai vida”.



20/6/09

VISITA AOS BATÁNS

Neste video veredes a explicación sobre o funcionamento dos batáns que nos deu Alberto o día que fomos ao Chonia e visitamos ó da súa familia e fixemos a inspección técnica do tramo do río que adoptamos.

19/6/09

USOS DA AUGA

Aqui atoparedes os distintos tipos de usos da auga e os problemas e posibles solucións. ten gráficos,estadísticas,fotos... Esta foi unha presentación en power point realizada polos 4 equipos da clase. Despois de feito o traballo informático, fixemos a presentación oral e a avaliación da actividade e das presentacións orais d@s compañeir@s. !Todo Moi Constructivo!
Publicado por Sonia

IDENTIFICANDO ESPECIES DE RIBEIRA


Antes de ir ao río Mandeo, na clase de C. Naturais fixemos unhas fichas para identificar especies de ribeira, tanto de fauna como de flora. Xogamos con elas na clase antes da excursión, así que cando fomos, xa sabiamos moito sobre a auga, a erosión, as construccións no río e os animais e pLantas que iamos atopar. Aquí tedes un collage coas fichas que fixemos, que están tomadas do caderno que editou a propia aula de natureza.

18/6/09

FAMOS@S!


Onte saíu unha nota de prensa na Voz de Galicia sobre o noso proxecto interdisciplinar. Agora non só os nosos compañeir@s e familiares saben o que estamos facendo, senón tamén toda a comarca.¡Somos famos@s! Pero non por iso imos deixar de saudar á xente pola rúa. :) :) :)

Aquí vai unha foto da noticia.

HERBARIO


Actividade realizada na materia de Ciencias Naturais.

Durante o itinerario ambiental que fixemos polo río Mandeo, recollimos mostras de distintas especies vexetais e á volta, na clase, fixemos un herbario con elas. Además de identificalas, tamén aprendimos o nome científico, en galego e a palabra en inglés.



De Movies

LENDAS DO RÍO LENGÜELLE

Publicado por Iria Vales

Aquí poderás atopar variada información sobre a natureza e o río Lengüelle. Tamén atoparás lendas que me contou miña avoa.

A HEDRA



Na clase de Ciencias Naturais buscamos información sobre especies vexetais que comezaran coa mesma letra de cada un dos nosos nomes. Ademáis buscamos que tiveran similitude fonética. logo fixemos un pequeno informe sobre esa planta, incluíndo nome científico, características, utilidades e usos menciñais.Como exemplo, aquí tedes o traballo sobre a hedra.

OS RÍOS DE TRAZO

Neste apartado podes coñecer os ríos de Trazo,e así saberás porque a xente de Trazo ama os seus ríos.
Publicado por Nuria

15/6/09

A CONTAMINACIÓN NO RÍO PORTA

Eu vou describir unhas fotos que fixen do río Porta e dun dos seus muíños. Fun ata alí, observei o seu estado e fixen unha pequena presentación sobre cómo atopei o río Porta.
O río está con algunhas espadanas podres, pero caen moi rapido e volven a nacer outras novas.


O RÍO PORTA

Publicado por Marcos Goimil

O río Porta que pasa pola aldea de Monzo está cheo de sacos de basura que tiran os veciños da zona.
De feito a basura atascou a pedra do muiño que deixou de funcionar.
Co montón de basura que ten na entrada, a auga non chega a él.
Eu saquei algunhas fotos do mal estado do río e tamén algunas do muiño:

11/6/09

O RÍO CHONIA

O río Chonia é un afluente de Tambre, moi limpo e sin contaminación en zonas como a dos batáns, pero desgraciadamente está moi contaminado noutras zonas como a da depuradora. Iso é o que poderedes ver nesta presentación.

OS RÍOS TAMÉN SON POESÍA


Publicado por Oscar
Os ríos son poesía, e para mostralo, aquí temos uns cantos poemas de escritores galegos famosos:

De Manuel María:

MALDITOS OS QUE DESTROZAN O MUNDO


Contaminadores do aire puro e da auga

humilde,

casta,

e cristalina.

Incendiarios da sagrada fraga

misteriosa, cantora e ancestral.

Asasinos de paxaros.

Verdugos

de todo canto ama, vive e canta.

Violadores e destructores

da máxica paisaxe rumorosa.

ENEMIGOS DA VIDA E DA BELEZA.

Consentidores de tanto xenocidio:

cando reventa o pus do voso odio

sementades de morte a creación.

Malditos para sempre endexamais

por tódalas xeracións que son

e serán:

¡vós sodes

a miseria e a vileza deste mundo!.



De Rosalía de Castro:

Pasa río, pasa, río

co teu maino rebulir

pasa, pasa ante as froliñas

color de ouro marfil,

a quen cos teus doces labios

tan doces cousas lle dis.


De Manuel María:

POEMIÑA DO SEÑOR REGATO DO CEPELO

Nunca tiveche unha arela

de tan humilde e sinxelo:

¡Meu regato do Cepelo,

das Regas uo da Barciela!.



Maila ó teu nome sonoro,

eres regato e non río:

¡ o teu caudal tan esguío

nunca encherá un encoro!



Mais dices con xentileza,

leve vea rumorosa,

unha canción misteriosa

dunha asombrosa beleza.



Se eu te chamo : ¡ señoría!,

Breve cantor xogoral:

¡ ti non mo tomes a mal

que é proba de cortesía!



De Manuel Curros Enríquez:

O río ten un leito mulidiño,

perfumado de rosas e cravés.

Tamén tiña outro o pobo; maís..vendérollo

! agora non o ten !

OS POSTERS DE INGLÉS

Na clase de Inglés fixemos varios posters para o proxecto. Tres foron sobre botánica e dous sobre informática.
Nos posters de botánica vimos as partes da árbore, as partes da flor e a fotosíntese.
Nos de informática vimos as partes dos ordenadores e vocabulario de cómo enviar un correo electrónico.
UXÍA

NOTICIAS DO LENGÜELLE

O río Lengüelle saíu na prensa varias veces este curso. aquí saberedes o que pasou con el.
Publicado por Sheila