A IMPORTANCIA DOS RÍOS


9 de outubro
O tema sobre o que imos traballar non está aínda moi claro, pero a observación do outro día serviunos para falar hoxe na clase das cousas que nos interesan. Fixemos un gráfico coas aportacións de toda a clase e ao final parece que poderíamos traballar sobre os nosos ríos porque teñen relación coas cousas que nos interesan á maioría. Ao final, falamos da importancia dos ríos e sobre o que xa sabemso e o que nos gustaría aprender sobre eles. Estas son as nosas conclusións:OS RÍOS SON: fogar de moitos animais...e son divertidos...e bebemos deles...proporcionannos comida...producen enerxía...moitas plantas viven neles...tamén son lugares fermosos fonte de inspiración...e son relaxantes...e podense facer moitos deportes neles...OS RÍOS SON VIDA
que tal
ResponderEliminarhola esta fenomenal seguro que lle encantara a todas as persoas que o vexan a ver se o noso queda tan chulo moitos bks
ResponderEliminar