20/12/09

INSPECCIÓN OUTONO RÍO CHONIA. PROXECTO RÍOS

O xoves 19 de novembro realizamos a segunda actividade de inspección do “noso” treito do río Chonia como grupo de voluntarios de Proxecto ríos. Participou o alumnado de 2º que na primavera pasada iniciou esta actividade en 1º en proxecto interdisciplinar, polo que agora xa son case expertos. Tamén baixamos Myriam, Lidia, Isabel Brañas e Ignacio, e Paco Bañobre coordinador de Proxecto Ríos.
Son cincocentos metros dende o batán de Neiro e augas abaixo ata unha zona aberta de pradeira onde se pode traballar con certa comodidade.
Lucía o sol despois de días de chuvias fortes polo que o río baixaba con moita auga.
Como non había moito tempo e contábamos coa experiencia do ano pasado decidimos organizarnos por grupos que realizaran tarefas específicas: Uxía, Sonia, Iria, Nuria e Myriam catalogaron o patrimonio do treito: o batán de Neiro e a fabrica da luz. Marcos Casas, Sheila, Kevin e Lidia realizaron a inspección básica. Marcos Goimil, Alberto, Richi, Javier e Ignacio debuxaron o treito. Por último José Manuel, Alex, Oscar, Isabel e Paco Bañobre foron iniciando o estudo do ecosistema acuático, ao que se uniron o resto dos grupos cando foron rematando coa súa parte.
Das cubetas saíron os macroinvertebrados que unha vez identificados permitiron constatar que o treito segue en bo estado de saúde, tal e coma o deixaramos a pasada primaveira.
Esta camiñada ata un dos ríos mais bonitos do concello e o traballo nas súas beiras, seguro que é unha boa maneira de rematar o proxecto que iniciastes o pasado curso. Por suposto contamos con que seguiredes colaborando con nos, e estaredes atentos as novas achegas que xa se están a publicar no novo blogue: http://www.abeiradorio.blogspot.com
Ah! Aquí está o video cunha pequena mostra do que foi a xornada.
PRI

27/6/09

COMPROMISOS E :)



“Dicirlle o meu pai que non vote o purín cerca da auga”.
“Non tirar lixo a auga”.
“Intentar concienciar aos demáis da importancia da auga”.
“Utilizala de modo responsable”.
“Non malgastala e intentar que tampoco se malgaste na miña casa”.
“Non desperdiciala mentras lavo os dentes e en máis acccións”.
“Os fins de semana que podo vou limpar o tramo de río que teño cerca de casa”.
“Ir polos veráns a limpar os paos que quedan durante o inverno, atascando alí na ponte”.
“Vou deixar de coller animais na beira do río”.

GRAZAS A TOD@S POR COLABORAR NESTE BLOGUE

22/6/09

PONENTES NAS XORNADAS DO PROXECTO RÍOS

O pasado 20 de Xuño fomos invitados a participar nunhas xornadas de voluntarios de Proxecto Ríos organizadas por Adega en Santiago. Celebráronse no museo do Pobo Galego e alí estiveron Alberto e Javier para representarnos. Falaron do noso proxecto interdisciplinar e do noso patrimonio, concretamente dos batáns de Oa. Logo fixeron un routeiro e xantaron na Alameda. As xornadas gustáronlles moito, tanto que falan de repetir o ano que ven.

EN CHAIÁN

“Agora sei que una gota de auga ten toda una vida dentro dela”.
“Antes non pensaba no valiosa que é”.
“Antes non sabía o moito que se contamina so una pequena bolsa e o daño que fai”.
Aprendín que se a auga se contamina tamén morren moitos organismos moi importantes para a vida”.
“Agora son consciente de que a auga non se pode desperdiciar porque é esencial para a vida”.
“Antes pensaba que xa estaban as depuradoras para limpar a auga, pero agora deime conta de que hai máis cousas”.
“Agora sei que a auga doce é un ben escaso e que hai que coidala”.
“Antes non sabía que en Galiza derrochamos moita auga”.
“Sen auga non hai vida”.



20/6/09

VISITA AOS BATÁNS

Neste video veredes a explicación sobre o funcionamento dos batáns que nos deu Alberto o día que fomos ao Chonia e visitamos ó da súa familia e fixemos a inspección técnica do tramo do río que adoptamos.

19/6/09

USOS DA AUGA

Aqui atoparedes os distintos tipos de usos da auga e os problemas e posibles solucións. ten gráficos,estadísticas,fotos... Esta foi unha presentación en power point realizada polos 4 equipos da clase. Despois de feito o traballo informático, fixemos a presentación oral e a avaliación da actividade e das presentacións orais d@s compañeir@s. !Todo Moi Constructivo!
Publicado por Sonia

IDENTIFICANDO ESPECIES DE RIBEIRA


Antes de ir ao río Mandeo, na clase de C. Naturais fixemos unhas fichas para identificar especies de ribeira, tanto de fauna como de flora. Xogamos con elas na clase antes da excursión, así que cando fomos, xa sabiamos moito sobre a auga, a erosión, as construccións no río e os animais e pLantas que iamos atopar. Aquí tedes un collage coas fichas que fixemos, que están tomadas do caderno que editou a propia aula de natureza.