Observación do contorno
Pouco despois observei a ambos lados do camiño leiras de millo, pero curiosamente nun lado crecía alto e verde, mentres que no outro era pequeno e seco. A miña teoría é que a calidade do terreo inflúe no crecemento da colleita.
A continuación escoitei que baixo unha densa matogueira discorría un regato, cunha fonte natural. O ruído da auga era moi relaxante. Logo pasamos por diante dunha leira de castiñeiros que tiñan uns ourizos enormes. ¡Quen me dera que fose miña!
Por último, achegámonos a un regato cerca do campo de fútbol. Para chegar, baixamos por un camiño case pechado por toxos e silvas. O río era pouco profundo e a auga estaba tépeda. Na orilla, entre as follas había dúas bolsas de plástico, unha vermella e outra branca. Sentíase cantar aos paxaros e vimos como nadaban os zapateiros. Tamén vin un sapo pequeno que saltaba para escapar de min. Nas paredes de terra vimos moitos buratos; algúns dicían que pola erosión da auga, outros que eran niños de serpes. A auga parecía limpa, había plantas dentro, pero tamén puidemos ver certa acumulación de purín. Alguén comentou que como a xente lava as cisternas do zudre nos ríos, pois contaminan a auga.
1 comentario:
quedouvos moi bonito epero que onoso quede coma o voso seguide asi facendo traballos tan preciosos moitos bks de alba
Publicar un comentario