11/6/09
OS RÍOS TAMÉN SON POESÍA
Publicado por Oscar
Os ríos son poesía, e para mostralo, aquí temos uns cantos poemas de escritores galegos famosos:
De Manuel María:
MALDITOS OS QUE DESTROZAN O MUNDO
Contaminadores do aire puro e da auga
humilde,
casta,
e cristalina.
Incendiarios da sagrada fraga
misteriosa, cantora e ancestral.
Asasinos de paxaros.
Verdugos
de todo canto ama, vive e canta.
Violadores e destructores
da máxica paisaxe rumorosa.
ENEMIGOS DA VIDA E DA BELEZA.
Consentidores de tanto xenocidio:
cando reventa o pus do voso odio
sementades de morte a creación.
Malditos para sempre endexamais
por tódalas xeracións que son
e serán:
¡vós sodes
a miseria e a vileza deste mundo!.
De Rosalía de Castro:
Pasa río, pasa, río
co teu maino rebulir
pasa, pasa ante as froliñas
color de ouro marfil,
a quen cos teus doces labios
tan doces cousas lle dis.
De Manuel María:
POEMIÑA DO SEÑOR REGATO DO CEPELO
Nunca tiveche unha arela
de tan humilde e sinxelo:
¡Meu regato do Cepelo,
das Regas uo da Barciela!.
Maila ó teu nome sonoro,
eres regato e non río:
¡ o teu caudal tan esguío
nunca encherá un encoro!
Mais dices con xentileza,
leve vea rumorosa,
unha canción misteriosa
dunha asombrosa beleza.
Se eu te chamo : ¡ señoría!,
Breve cantor xogoral:
¡ ti non mo tomes a mal
que é proba de cortesía!
De Manuel Curros Enríquez:
O río ten un leito mulidiño,
perfumado de rosas e cravés.
Tamén tiña outro o pobo; maís..vendérollo
! agora non o ten !
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario