por Sheila García Becerra
Nunha rama había un cartel
E tamén eucaliptos grandes
E moitas xestas
Bolsas no millo
E tamén corvos.
Había plantacións de repolo
Os animais ladraban
Eu vin piñeiros altos
E unha muller traballando.
Os plásticos no millo
E os salgueiros grandes
E pequenos cultivos do nabal.
Unha fonte grande
Había un pozo cheo de herbas e de silvas
Vacas nun prado
Un carballo de landras.
Hai buxos.
E cuchos nos cortellos
E tuxas e tamén cortes das vacas
E hai hedras
E hai fabas plantadas na terra
E hai galiñas
Mazanceiras
Castiñeiros non silvestres
Ríos con malas herbas e pedras.
A auga estaba do río estaba sucia.
Hai tabaos dos que pican a xente
Hai labazas nos prados,
Os loureiros
Hai paus no río
Purín no río
Sabes ti por que hai purín no río?
1 comentario:
Publicar un comentario