skip to main |
skip to sidebar
A IMPORTANCIA DOS RÍOS
9 de outubro
O tema sobre o que imos traballar non está aínda moi claro, pero a observación do outro día serviunos para falar hoxe na clase das cousas que nos interesan. Fixemos un gráfico coas aportacións de toda a clase e ao final parece que poderíamos traballar sobre os nosos ríos porque teñen relación coas cousas que nos interesan á maioría. Ao final, falamos da importancia dos ríos e sobre o que xa sabemso e o que nos gustaría aprender sobre eles. Estas son as nosas conclusións:OS RÍOS SON: fogar de moitos animais...e son divertidos...e bebemos deles...proporcionannos comida...producen enerxía...moitas plantas viven neles...tamén son lugares fermosos fonte de inspiración...e son relaxantes...e podense facer moitos deportes neles...OS RÍOS SON VIDA
2 comentarios:
que tal
hola esta fenomenal seguro que lle encantara a todas as persoas que o vexan a ver se o noso queda tan chulo moitos bks
Publicar un comentario