30/3/09
CARTOGRAFÍA
CRÓNICA DE ACTIVIDADES DE CARTOGRAFÍA
Día 1: 13 de Xaneiro de 2009
Hora: 15:50 a 16:40
A mestra explicounos o tema que iamos tratar, “As Curvas de Nivel”. Despois dounos un anaco dun mapa onde estaban representadas. Púxonos por grupos e cunha cor azul fomos marcando o río Tambre e dous regos que desembocan nel. A continuación, marcamos cunha cor vermella distintas altitudes das curvas de nivel. Por último, pola parte de atrás fixemos unha lenda do mapa: a cor azul representa os ríos.
Día 2: 14 de Xaneiro de 2009
Hora: 12:40 a 13:30
Nesta clase, cunha cor vermella seguimos os puntos de altitude das curvas de nivel e a mestra deunos un mapa xa feito, ao que nós denominamos “chuleta”, para que comprobaramos se estaba ben o traballo feito.
Día 3: 19 de Xaneiro de 2009
Hora 16:40 a 17:30
Rematamos de marcar as curvas de nivel e fixemos unha línea recta que ía desde a curva de nivel de Piña de Novais ata a curva de nivel de Gundille. A línea non estaba en todos os mapas igual, nuns estaba máis arriba que noutros.
Día 20 de Xaneiro de 2009
Hora: 15:50 a 16:40
Collemos un folio de papel milimetrado, puxémoslle o título e fixemos un perfil onde a línea vertical marcaba a altitude ata 500m e a horizontal a distancia entre os distintos puntos en cm. Fomos marcando cun punto a altitude e a distancia de cada curva de nivel que se cruzaban coa línea que fixeramos no mapa.
Día 26 de Xaneiro de 2009
Hora: 16:40 a 17:30
Seguimos marcando os distintos puntos e así fomos formando o perfil entre Piña de Novais e Gundille.
As curvas de nivel que se cruzaban co río marcábanse cunha curva azul cara abaixo, e se se cruzaban cun monte marcabámolas cunha curva marrón cara arriba. Algúns xa remataron ese día, outros non.
Día 27 de Xaneiro de 2009
Hora: 15:50 a 16:40
Os que non rematamos, fixémolo ese día e o resto foron facendo outro traballo que lles mandou a mestra.
Estas clases gustáronme, foron distintas e moi amenas e así fomos practicando algo que imos facer nos vindeiros cursos.
¡Foi unha boa experiencia!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario