Medindo os ríos do contorno |
Como traballo de introducción sobre os ríos na materia de sociais, realizamos unha ficha de investigación sobre as características xerais dos ríos. Estudiamos o nacemento e desembocadura, os afluentes máis importantes e os núcleos principais de poboación preto del.
Ademáis investigamos sobre aspectos tanto xeográficos como biolóxicos dun río do noso contorno. Así recollimos información sobre o seu caudal, a lonxitude, os desniveis e pendentes e tamén sobre a vexetación nas súas ourelas e os peixes que viven nas súas augas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario