20/12/09

INSPECCIÓN OUTONO RÍO CHONIA. PROXECTO RÍOS

O xoves 19 de novembro realizamos a segunda actividade de inspección do “noso” treito do río Chonia como grupo de voluntarios de Proxecto ríos. Participou o alumnado de 2º que na primavera pasada iniciou esta actividade en 1º en proxecto interdisciplinar, polo que agora xa son case expertos. Tamén baixamos Myriam, Lidia, Isabel Brañas e Ignacio, e Paco Bañobre coordinador de Proxecto Ríos.
Son cincocentos metros dende o batán de Neiro e augas abaixo ata unha zona aberta de pradeira onde se pode traballar con certa comodidade.
Lucía o sol despois de días de chuvias fortes polo que o río baixaba con moita auga.
Como non había moito tempo e contábamos coa experiencia do ano pasado decidimos organizarnos por grupos que realizaran tarefas específicas: Uxía, Sonia, Iria, Nuria e Myriam catalogaron o patrimonio do treito: o batán de Neiro e a fabrica da luz. Marcos Casas, Sheila, Kevin e Lidia realizaron a inspección básica. Marcos Goimil, Alberto, Richi, Javier e Ignacio debuxaron o treito. Por último José Manuel, Alex, Oscar, Isabel e Paco Bañobre foron iniciando o estudo do ecosistema acuático, ao que se uniron o resto dos grupos cando foron rematando coa súa parte.
Das cubetas saíron os macroinvertebrados que unha vez identificados permitiron constatar que o treito segue en bo estado de saúde, tal e coma o deixaramos a pasada primaveira.
Esta camiñada ata un dos ríos mais bonitos do concello e o traballo nas súas beiras, seguro que é unha boa maneira de rematar o proxecto que iniciastes o pasado curso. Por suposto contamos con que seguiredes colaborando con nos, e estaredes atentos as novas achegas que xa se están a publicar no novo blogue: http://www.abeiradorio.blogspot.com
Ah! Aquí está o video cunha pequena mostra do que foi a xornada.
PRI

No hay comentarios: