1/12/08

EXCURSIÓN A CHELO

Onte 12 de novembro fomos de excursión a Chelo. Uns días antes preparáramos a saída: en naturais fixemos unhas tarxetiñas para identificar árbores, animais e construccións. Na hora de proxecto interdisciplinar fixeramos xogos e carteis sobre as boas prácticas cando se fai sendeirismo e os roteiros pola natureza.

O día da excursión facía mal tempo e cando chegamos ao colexio todos pensábamos que non iamos ir, pero ao final saímos.No autobús todos iamos con moita ilusión. Apeámonos en Collantres e despois de prepararnos baixamos xa camiñando por unha pista ata chegar ao río Mandeo, en Chelo esperábanos o guía: Franky, saudámolo e subimos con él a aula de natureza. Alí vimos os animais que viven no río e as súas pegadas, a flora, os usos tradicionais da madeira, explicounos tamén o ciclo da auga e Como funciona unha depuradora.
Moito me gustou ver como traballa un muiño e a maqueta do río.

Saímos da aula de natureza e foi un dos mellores momentos, cando Franky ía explicando todo o que atopábamos fomos camiñando pola beira do Mandeo fixándonos en todo: as prantas, as follas das árbores, setas de moitas cores, os peidos de lobo, as avelás e castañas, as pequenas praias onde soen beber os animais...as marcas que van facendo as rodas dos carros nas pedras dos camiños...Animais poucos vimos se exceptuamos unha ra que nos enseñou Richi e unha lavandeira no río.No camiño todos sacamos fotos as plantas, os fungos.

Despois dun treito o monitor despediuse e nos continuamos camiño ata a minicentral do Zarzo. Buscamos un sitio onde comer a beira do río e para poder sentar colocamos follas de xornais sobre as rochas molladas. Tivemos que facelo rápido porque ainda había que voltar e había pouco tempo. Recollimos todo e regresamos pola oura beira do río a paso rápido entre risas e algun esvarón nas pedras do camiño.

Cando chegamos ao autobús doíanme as pernas, foi unha gloria sentarse e escoitar música.
Viva o proxecto!

1 comentario:

Adián dijo...

A que ides vos asa clases?? A estudar ou a preparar a saidas?? Mira quee