22/1/09

O MAPA DO CONCELLO


No mapa do concello que temos na parede da clase marcamos as nosas casas e os ríos que pasan preto delas. Comezamos escollendo a cor das chinchetas que iamos utilizar: vermella para as nosas casas e azul para os ríos e regatos. As chinchetas verdes indican o patrimonio do concello, muíños, ermidas, os batáns de Oa e o pazo de Restande. Utilizamos as amarelas para sinalar as igrexas e parroquias e as blancas para marcar os servizos máis importantes que ten o concello, como a piscina, o campo de fútbol e algunhas depuradoras. Un alfiler longo sinala o concello.
En cada chincheta escribimos o noso número de lista para relacionalo cunha ficha no que cubrimos os datos seguintes: nome da aldea , río ou regato, parroquia, patrimonio…

En algúns lugares do mapa non hai ninguna chincheta, mentras que en outros.... hai moita concentración de casas e servizos do concello.

2 comentarios:

Alba dijo...

ESTA PARTE NON E MOI INTERASANTE XA QUE TODO O MUNDO COÑECE O MAPA DO LUGAR ONDE VIVE. BKS

Naiogai dijo...

A árbore contestálle a Alba:

Un día, unha fermosa pomba mensaxeira despois dunha longa viaxe púxose a descansar nunha das polas mais altas dunha frondosa árbore; dita árbore atopábase aos pés dunha gran montaña. Levaba xa un bo rato a pomba moi tranquila disfrutando do seu merecido descanso, cando de súpeto comezou a escoitar uns laios estremecedores e a sentir que esvaraban pingas polas súas plumas brancas. Asustada e á vez chea de curiosidade mirou ao seu redor moi inqueda e deuse conta que era a maxestosa montaña na que ela estaba a descansar, e, moi agarimosamente preguntoulle:

- Sra. Montaña, a que se deben as súas bagoas e queixumes tan profundos?

- A montaña entre suspiros preguntoulle o seguinte:
Querida pombiña, paréceche que este lugar é axeitado para que as pombas coma ti veñan a construír os seus niños ou a buscar alimento para as súas crías?.

- A pomba sorprendida, respondeulle:
Non Sra. Montaña,non; este non é o lugar ao que eu debo vir, pero en vista de que por primeira vez ao pasar por aquí vin que aos seus pés non había neve e que no seu cumio tiña só unha pequena capiña de neve semellante a unha capuchiña branca, díxenme: antes de continuar coa miña viaxe vou descansar un anaco e gozar desta paisaxe espectacular chea de árbores tan maxestosas e frondosas.

A pomba só dicir estas palabras notou que as polas da árbore movíanse axitadamente.

Pero, que é o que lle pasa Sr. Montaña? estoulle a estorbar coa miña presenza?

- Non, dixo a montaña, non me estorbas, é verdade que o meu fermoso, branco, e brillante manto de neve estase a derreter cada día máis, e moi pronto vou quedar sen a miña inseparable compañía, a capa de neve branca, brillante e resplandecente cubrindo as miñas voluptuosas formas, e sin ela véxome de cor gris, triste e fea, tan só me queda un que outro pouquiño de cor verde aos meus pés; é coma si a ti, querida pombiña, te arrincaran as plumas, e por riba te obrigaran a vivir en zonas xeadas coma o océano glaciar ártico, un sitio ao que a túa anatomía non está adaptada; non cres que morrerías de pena e de frío?; pois iso é o que nos acontece a todas as árbores que estamos aquí neste inmenso lugar; o que agora nos está pasando é que os xeos das nosas montañas, dos nosos glaciares, cada día derrétense máis e máis, e este lugar onde nacemos non era así, esta non é a nosa verdadeira natureza, ao contrario ca ti, nós necesitamos do frío e da neve para poder vivir.

-Pero que podo facer eu por vostede? preguntou a pomba.
A verdade miña queridiña, só che podo dicir que eu sei ben pouco do que pasa; dise que o mundo esta cambiando; que o planeta pode quedar cuberto por auga se seguen derreténdose os nosos glaciares e a neve das nosas montañas. Escoite dicir a un grupo de alpinistas que moi a miúdo viñan por aquí, que todo é culpa do quecemento global e dos mesmos seres humanos que non saben o que fan creando cantidades industriais de lixo, e gases tóxicos. Todo iso fai que se esgoten os recursos, e que a nosa capa de ozono se quebre, e como resultado a terra quéntase cada día máis e máis. Pero de verdade, nós, que só somos un bo anaco de terra firme, non podemos facer case nada.

-Pero entón que podo facer eu?, pregúntalle a pombiña moi angustiada. Eu quero poñer o meu graociño de area para a solución diste problema, e quero axudarlle a vostede e ao mesmo tempo ao noso planeta.

Chegado este intre a Sra. Montaña pechou os seus ollos e cun profundo suspiro díxolle:

- Xa sei!. Ti podes voar, e como es unha pomba mensaxeira, poderás ir de árbore en árbore, de niño en niño, e comunicarlle ás túas outras compañeiras pombas o que esta pasando con este mundo, e todas vós, podedes mandar mensaxes de axuda, de alerta a todos os seres que habitan dentro da terra, e ao mesmo tempo cos vosos bicos e as vosas patiñas poderedes comezar a limpalo. E así os millóns de seres que aquí viven, teranse que dar conta do labor que vostedes realizan e quizais sirva de exemplo para que eles fagan o mesmo e comecen a traballar en favor do lugar onde viven, lugar que lles entregou tanto durante séculos sen pedirlles nada a cambio. Ao mellor así, este proceso de quentamento e derretemento dos xeos retroceda e eu volva a cubrirme coa miña fermosa capa branca, destéllante case como o cristal, e volverei a ser fermosa, maxestosa como sempre fun desde o inicio de todos os tempos.
Entón, a miña querida pombiña, estarás disposta a emprender tan importante tarefa?

A Pombiña pensativa respondeulle de maneira táxante, positiva e moi disposta:

- Non só cumprirei coa misión, senón que loitarei ata onde as miñas forzas me permitan por deter ese padecemento tan horrible que a natureza esta sufrindo, e sei que así tamén estarei salvando o fogar de millóns de seres e iso farame moi feliz. Tomarei as súas recomendacións ao pé da letra e sairei agora mesmo a comezar con esa fantástica labor a que desde este mesmo momento me encomendo; e direille unha cousa máis Sra. Montaña: esta será a misión máis importante que xamais pomba algunha realice, e iso éncheme de satisfacción. Temos que salvar ao noso planeta terra: a terra é a súa casa, é a miña casa, é o fogar de todos, e ninguén quere que o seu fogar se destrúa. Queremos que sexa como sempre foi: fermoso, cheo de cores, de sabores e de olores, sen contaminación e con suficientes recursos que ben repartidos son máis que suficientes para que vivamos sen carencias todas as persoas da terra. Este é o meu plan.

Moitas grazas fermosa pomba, sei que agora poderei estar un pouco máis tranquila, porque existe alguén, que onde queira que este, estará loitando porque na nosa casa non falte de nada, porque todo o que se usa póidase reutilizar ou reciclar para volver a usar, ademais de reducir o consumo de cousas superfluas e innecesarias, así pouco a pouco a terra volverá a recuperar o perdido e volvera a estar mais limpa.

Dito e feito, a pomba emprendeu o seu voo para poder comezar coa importante misión que lle indicara a Sra. Montaña.
Unha das súas mensaxes chegou aos alumnos e alumnas do primeiro curso da ESO do colexio Viano Pequeno do Concello de Trazo. A pomba mensaxeira grazas a publicación no seu blog dun mapa da zona puído chegar ata alí, e tódolos rapaces e rapazas deste curso: Nuria, Sonia, Alejandro Cancela, Alejandro Iglesias, Sheila, José Manuel, Marcos, Santiago González, Santiago López, Kevin, Ángel, Oscar Alberto, Ricardo, Iria, e Uxía, solidarizáronse inmediatamente coa mensaxe da pombiña e puxéronse mans a obra: No “Proxecto Interdisciplinar” traballan moito en temas relacionados coa conservación da natureza e a conservación do medio ambiente, tamén publican as súas experiencias para que todos os que queiran poidan léelas, participar ou colaborar con eles.

A pomba mensaxeira estalle moi agradecida, e isto dálle forza para transmitir a súa mensaxe por todos os confíns deste mundo, co fin de que as persoas se conciencien de que cantos máis sexamos máis fácil será lograr…

“SALVAR AO NOSO PLANETA TERRA”.