11/11/08

¿O PRI? ¿QUÉ É O PRI?

25 de setembro

Primeiro día de clase desta nova materia de primeiro de ESO.

Entre tod@s descubrimos o significado das palabras “Proxecto Interdisciplinar”, o cal nos axuda un pouquiño a entender de qué trata esta materia. Trátase de facer unha investigación en equipo arredor dun tema, achegándonos a el dende diferentes materias. De feito, parece que imos traballar nesta materia en sociais, naturais, galego e castelán, matemáticas, educación física e incluso en inglés e francés.

Pero... para a nosa sorpresa, os mestres non nos din cal vai ser o tema que imos investigar ao longo do curso. Eles queren que nós lles digamos en qué estamos interesad@s e, tendo en conta iso, buscar xunt@s o tema.

No hay comentarios: