11/11/08

OBSERVAMOS COMO DETECTIVES

2 de Outubro

Observación do contorno

O xoves, día 2 de Outubro saímos aos arredores do colexio para facer unha observación científica. Non era un día moi bo, estaba nubrado pero non choveu. O primeiro que vin foi gran cantidade de árbores e plantas: toxos, salgueiros, eucaliptos, fieitos, pinos, castiñeiros e algún que outro carballo. Nun dos pinos había un cartel que poñía “Se vende” e tras del vin unha bolsa de plástico. ¿Cómo pode haber xente que trate tan mal a natureza? Eu non o entendo.

Pouco despois observei a ambos lados do camiño leiras de millo, pero curiosamente nun lado crecía alto e verde, mentres que no outro era pequeno e seco. A miña teoría é que a calidade do terreo inflúe no crecemento da colleita.

A continuación escoitei que baixo unha densa matogueira discorría un regato, cunha fonte natural. O ruído da auga era moi relaxante. Logo pasamos por diante dunha leira de castiñeiros que tiñan uns ourizos enormes. ¡Quen me dera que fose miña!

Por último, achegámonos a un regato cerca do campo de fútbol. Para chegar, baixamos por un camiño case pechado por toxos e silvas. O río era pouco profundo e a auga estaba tépeda. Na orilla, entre as follas había dúas bolsas de plástico, unha vermella e outra branca. Sentíase cantar aos paxaros e vimos como nadaban os zapateiros. Tamén vin un sapo pequeno que saltaba para escapar de min. Nas paredes de terra vimos moitos buratos; algúns dicían que pola erosión da auga, outros que eran niños de serpes. A auga parecía limpa, había plantas dentro, pero tamén puidemos ver certa acumulación de purín. Alguén comentou que como a xente lava as cisternas do zudre nos ríos, pois contaminan a auga.

Xa de regreso,aceleramos o paso para chegar a seguinte clase, pero aínda así collimos amoras polo camiño.


1 comentario:

alba de 1º dijo...

quedouvos moi bonito epero que onoso quede coma o voso seguide asi facendo traballos tan preciosos moitos bks de alba