23/4/09

ENTREVISTA A ESPERANZA NOYA


ENTREVISTA A ESPERANZA NOYA

Ricardo Rodríguez Paredes
Realizada en Vilariño, Trazo

Entrevistei a miña madriña e ela contoume algunhas cousas sobre o uso dos batáns.
Nos muiños de Oa muíase o grao e nos batáns batíanse as mantas feitas nas teceláns. Batíanas para que a lá quedase máis prensada, por isos ían ó batán, porque o fialas quedaban moi gordas.
No batán pedíase vez ao muiñeiro e quedaban alí un xornal, que equivale a un día.
Antes de pasar a auga ó batán, pasaba por unha maquía, que eran dous muíños no mesmo local, despois pasaba unha aceña ou muíño e seguidamente aos batáns.
Os martelos dos batáns eran de madeira de carballo. Estes daban nunha taboa que estaba nun caixón no que se ponía a manta e golpeaban con forza ata poñer a manta delgada sen que deixase de botar auga enrriba dela.

No hay comentarios: