23/4/09

IMPRESIÓN PERSONAL SOBRE OS BATÁNS DE OA


Iria Vales

Fun ver os batáns de oa e levei unha gran desilusión ao atopalos como están. Levaba unha idea totalmente distinta da que trouxen; pensei que polo menos algún deles (aínda que só foso un) estaría ben restaurado, pero non, está todo en ruínas.
Nun deles, no de Pardal, aínda se pode ver algunhas pezas dos batáns, como as mazas, as almancas, o eixo, etc. Tamén se conserva unha canle de madeira por onde baixaba a auga.
Impresionoume ver cómo a auga pasa por debaixo do muíño, parece que está feito no aire.
Gustaríame que non se deixara desaparecer o pouco que queda de todo isto, que restauraran sequera un muíño e un batán e que unha vez ao ano, recordando os tempos de antes, os fixeran funcionar.

2 comentarios:

PRI dijo...

Paréceme unha proposta moi interesante o de facer un día de muiñada. Podes facela chegar ó concello.

Anónimo dijo...

Sei perfectamente que iria é unha rapaza de deces na clase a súa intelixencia fai que fale tan ben sobre isto