23/4/09

NOITES DE MUIÑADA



Moito saben as xentes de antes cánto había valer un pano ben tecido, ou unha manta batida no batán. Alí abaixo no río o proceso podía durar toda a noite... Mais, probablemente no muíño, onde case sempre había troula e noites de muiñada, escoitábanse cantigas coma estas:


Pensache que eras o oleo
oleo da farina buratada.
Aínda non es o rulón
daquela mal buratada.



Fía liño, fía lan,
fía liño, fía lan.
As mozas da nosa terra
moitos bicos lle dan.


Recollidas por Sonia Calo Mosquera
Lugar: Rial, Trazo
Informante: Carme Noya


Río tinto, río tinto
río que ten tantos cores
cando o río leva tantos
que farán os meus amores.


Vámola alboreando
vámola alboreando
fixen a cama no río
a auga vaina levando.


Non podo cantar que morro
non podo cantar que morro
a auga do regueiriño
bótame o catarro todo.


As promesas que che din
foron por riba dun ponte
caeron na auga do río
e levounas a corrente.



Río Tambre, río Tambre
que vai pola Ponte Albare
hai una rapaza nova
que non o pode pasare.




Adios ríos, adiós fontes
lavadoiros de lavar,
adiós meniña bonita
que non te podo olvidar.



Queridiño, dóenche os ollos
tamén me doen os meus
ímonos lavar o río
onde a troita lava os seus.


Recollidas por Uxía Vieites
Lugar: O Casal, Vilouchada
Informantes: Josefa Miramontes Noya e José Vieites Landeira



O muíño rola, rola
i a iauga faino rolare;
as nenas do muiñeiro
teñen ganas de casare.



O muíño troula, troula
vota a fariña fora.
O fillo do muiñeiro
ten un andar que namora.


Recollidas por Nuria Calo Mosquera
Lugar: Rial, Trazo
Informante: Carme Noya



O muíño troula, troula
bota a farina por baixo,
o que quera rexobeira
que vaia a Vixou de Abaixo.


Maruxiña doenche os ollos
tamén me doen os meus
heinos de ir lavar no río
donde a troita lava os seus.


Recollidas por Alberto Pardal Noya
Lugar: Agro do Mestre
Informantes: Marcelino Pardal e Celsa Pumar




O muíño troula, troula
vota farina por riba
o que queira rexubeiras
que vaia o lugar de arriba.



O muíño troula, troula
vota fariña por baixo
o que quera rexubeiras
que vaia o lugar de abaixo.


O río cando vai cheo
leva carballos e follas
tamén podía levar
as legunas murmuradoras.


Recollidas por Alejandro Cancela
Lugar: Merelle, Xavestre
Informante: Leonor Varela



Moe, moe muiñeira
que descolorida estás
desde o día da túa boda
non paraches de chorar.



O muíño troula, troula
non para de troulear
o demo da muiñeira
rabea por se casar.


Fun o muíño con Paula
fun o muíño con ela
fun o muíño con Paula
fun en paz e vin en guerra.



Na porta do muíño
púxeme a considerar
as voltas que da a vida
e as que lle quedan que dar.


Ó muíño do meu sogro
eu non lle sei o tempero
cando está alto, baixalo
cando está baixo, érgueo.


Recollidas por Iria Vales
Lugar: Meixome, Leobalde
Informantes: Isabel Recouso e María Martínez


O muíño rola, rola
i a iauga faino rolare;
as nenas do muiñeiro
teñen ganas de casare.



O crego foi ó muíño
cun fato de nenas novas
elas todas en camisa
e él no meio en cirolas.



Unha noite me colleron
xunto o batán,
una noite me colleron
outra non me colleran.



O muíño non é muíño
que é capela de ratos
onde se daban os bicos
e máis outros os abrazos.



Una noite no muíño
una noite non é nada.
Unha semaniña enteira
eso sí que é muiñada.



Fun o muíno do meu compadre
fun polo vento e vin polo aire.
Estas son cousas de encantamento
vir polo aire e vir polo vento.



Moe muíño, moe muíño
Bótame a fariña fora
Que a filla da muiñeira
Ten un cantar que namora.


Recollidas por Ricardo Rodríguez
Lugar: Vilariño
Informante: Esperanza Noya


No hay comentarios: